Kafka e a boneca viaxeira







"Kafka e a boneca viaxeira" de Jordi Sierra i Fabra ,

Editorial Galaxia, colección árbore.

Libro que nos relata a peculiar relación que tivo o
escritor Franz Kafka con unha meniña que
perdera a súa boneca. Kafka converterase para ela

no Carteiro de bonecas. A obra constitúe un orixinal
retrato do autor na última época da súa vida.

"Franz Kafka morreu no sanantorio de Kierling,
preto de Viena, un ano despois de que sucedese
esta historia, o 3 de xuño de 1924, aos corenta e
un anos de idade. Nunca se soubo o nome da
nena que perdeu a boneca, e as cartas que el lle
escribiu durante 3 semanas nunca foron lidas por
ningunha persoa nin encontradas. Dora Dymant,
que daquela vivía co escritor, foi quen explicou os feitos..."