Déixovos con un par de fotos do mural que pintei no bar EntrePedras (rúa Hospitaliño, Santiago de Compostela). Pronto máis imaxes dos detalles. Mentres, recoméndovos que vos pasedes a tomar un zumo orgánico de uva e unha burguer de seitan por alí, que como mellor se aprecia a pintura é en persoa.