Un novo título que me encarguei de ilustrar, desta volta para a editorial embora, xa está nas librerías.
Con esta obra María Xosé gañou o Premio Arume de poesía para nenos e nenas convocada pola Fundación Xosé Neira Vilas, na súa 7º edición.
Trátase dunha edición a unha tinta que percorre durante 34 poemas os ciclos dos astros, das estacións ... a súa influencia na nosa vida cotiá así coma a súa pegada na cultura.
Introdución a cargo de X. Neira Vilas.
Algunhas das ilustracións xa as coñecedes, déxovos cos meses de Marzo e Abril:
E a ilustración da cuberta: