Ilustración téxtil.







Aquí vos deixo dous novos encargos de ilustración para serigrafía sobre tea.

Camisetas para o clube de yoga Avalon Kai.
Cando meditamos podemos sentir como volvemos formar parte do que nos rodea, de dentro a fóra.
.........................

 Os bolsos para V de Vegetal,
en consonancia cos principios deste proxecto de alimentación saudable
foron pensados para confeccionar un produto ético, sostible e de produción de cercanía.
Por iso foron creados en Galicia con materiais ecolóxicos 100%.

Neste deseño plasmei o ciclo vital de un vexetal, neste caso froita: o pexego.
Dende as pólas da árbore, a semente, as diferentes fases de floración e crecemento do froito ata a volta de novo á semente. 
Un plantexamento un tanto científico para o proxecto de Silvia, unha bióloga e nutricionista que aúna o macro e o micro, conectando os factores externos ambientais, incluídos os emocionais, coas máis invisibles partículas que forman parte de todo e de todos.





Xa á venda na web de V de Vegetal.



Serigrafiados en Volta Estudio, Pontevedra.