Eventos

Ilustradores galegos no Salón do Libro de Pontevedra


O XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolverá nesa cidade entre o 4 e o 31 de marzo, conta no seu programa cunha exposición organizada coa colaboración da AGPI. O título, dado que esta edición do Salón vai dedicada á superstición, é Ilustradores galegos: habelos, hainos.
A mostra está composta por dezanove ilustradores e ilustradoras da AGPI, escollidos pola organización do Salón. Así, Habelos, hainos contén obras de Manuel Lariño, Almudena Aparicio, Aida Alonso Vázquez, Luís Sendón, Minia Regos, Alberto García Ariza, Carmen Ferrín, Ana Santiso, Augusto Metzli, Pirusca, Kristina Sabaite, Matalobos, Tokio, Jorge Fernández Peral, Antonio Seijas, Noemí López, Eduardo Baamonde, Rubén Mariño e Hugo Covelo.

Proximamente, a AGPI fará dispoñible unha versión virtual da exposición desde a súa web.




........................................................................................................................................................






 




 Obra seleccionada para a exposición Novos Valores 2011,
que estará aberta ó público do 28 de Xullo ó 18 de Setembro,
 no Museo de Pontevedra.


Lápiz sobre papel A1





.......................................................................................................................................................................



Segunda edición de Totem Revolotem, exposición con la que fue inaugurado hace un año el Centro de Gravedad Permanente.
En esta muestra colectiva, podreis quedaros anonadados de nuevo con la obra gráfica y plástica de jóvenes artistas gallegos.
La muestra está enmarcada dentro del ciclo cultural Vasos Comunicantes que alberga una serie de actividades como intervenciones plasticas, talleres, performances, proyecciones o instalaciones como parte del Festival VigoTransforma y tendra lugar en uno de los contenedores de carga instalados en la Praza da Estrela para la ocasion.

Totum Revolutum

Del 24 de Junio al 3 de Julio
de 11:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00

Plaza da Estrela ( O nadador), Vigo.


.......................................................................................................................................................................


Febreiro 2011.
Exposición colectiva na que participamos tronquis, comisariada por Nano 4814 na Sala Normal, Espazo de Intervención Cultural de Riazor Campus da Coruña.
Esta exposición nace como un intento de meter baixo o mesmo teito algunhas propostas interesantes dentro do panorama galego da arte contemporánea máis actual. Nun principio, inténtase coutar o campo de actuación a artistas relacionados coa escena da arte urbana ou o graffiti en Galicia e, aínda que finalmente non todos os artistas propostos traballan de forma activa na rúa ou simplemente o fixeron de modo tanxencial nalgún momento da súa traxectoria, todos reflicten dalgunha forma nas súas propostas a influencia da sociedade urbana contemporánea, do mundo da banda deseñada ou da ilustración, do post-graffiti e da cultura do faino ti mesmo.


Participan: Víctor Hugo Costas, Alberto Gracia, Tronquis, Nano4814, Sekone, Pilas, Tayone, Luís Díaz.