Mural contra a Violencia Machista

Realicei este mural en Valga dentro do programa Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.






Recibimos a visita de varias aulas dos Centros de Ensino de Valga, favorecendo o intercambio de  impresións cos máis novos, aos que se lles presta un espazo para o diálogo e a reflexión sobre este problema ao tempo que se ches achega á práctica artística.








Cartel para o premio de literatura infantil pola igualdade.

Encargo do deseño e ilustración do cartaz para o I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade que acaba de convocar a editorial Baía. 
Podedes consultar as bases de participación aquí: http://baiaedicions.gal/pdf/BasesPremioFina.pdf


Realicei a ilustración con lápices de cor e de grafito, posteriormente retoquei en dixital.






Obradoiro de Cartelismo ilustrado.


Na Biblioteca de Galicia, celebrando o Día da Ilustración cos nenos, aos que lles acheguei a obra de Camilo Díaz neste eido e animei a que realizasen o seu primeiro cartel ilustrado. Moi divertido!!





Cartaz do Día da Ilustración 2018

Este ano encargáronme facer a ilustración para o cartaz do Día da Ilustración 2018
O día da Ilustración vense celebrando cada 30 de xaneiro coincidindo coa data de nacemento de Castelao grazas á colaboración da AGPI e da Consellería de Cultura e Educación. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. 
Este ano o protagonista é Camilo Díaz Baliño do que podedes saber máis neste video.
Ademais creouse unha nova web http://www.diadailustracion.gal/